Márai, Sándor

Márai, Sándor

Sándor Márai naceu en 1900 na cidade húngara de Kassa (actualmente Kosice, Eslovaquia). De familia burguesa, en 1918, trasládase a Budapest e despois a París e Alemaña, onde estuda xornalismo. Tras a ocupación soviética de Hungría, abandona definitivamente o seu país, onde o réxime comunista asfixia a súa obra, e inicia o seu exilio por diferentes países europeos, sempre en precarias condicións económicas. En Estados Unidos continúa o seu labor literario en húngaro, que é publicado por unha pequena editorial da comunidade de emigrantes húngaros en Toronto. Marcado polo trauma da separación da súa patria e a morte da súa muller e o seu único fillo, Sándor Márai suicidouse en 1989 en San Diego, California, pouco antes de que a súa obra fose descuberta para o gran público por unha editorial italiana. Nunha ocasión, vendo como se desintegraba a clase media húngara na que el se criara, manifestou: “se cadra a única obriga da miña vida e o meu traballo coma escritor é elaborar o proceso desa desintegración”.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029