Mansfield, Katherine

Mansfield, Katherine

Katherine Mansfield Beauchamp (Wellington, 1888 – Fontainebleau, Francia, 1923) é a autora neocelandesa máis internacional. Escribiu relatos, poesía, diarios e críticas. Foi unha rebelde que viviu intensamente os seus 34 anos, nunha época en que os roles de xénero experimentaron un cambio radical.

En 1911 publicou a súa primeira escolma de contos, In a German Pension. A morte do seu irmán menor, Leslie, na Primeira Guerra Mundial, devastouna e atopou consolo na lembranza da infancia no seu país. Estes recordos transformáronse nalgúns dos seus mellores relatos, como “Na baía” ou “Festa no xardín”. Na súa etapa máis prolífica enfermou de tuberculose. Neste periodo publicou dúas coleccións de relatos: Bliss (1920) e Festa no xardín (1922). A maior parte da súa obra viu a luz postumamente.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029