Mann, Thomas

Mann, Thomas

Thomas Mann (Lübeck, 1875 – Zúrich, 1955) foi unha das figuras centrais da Alemaña do século XX, unha persoa complexa, un artista sen apenas parangón e un burgués atípico sen cuxa peripecia –a dun conservador que evolucionou, tras a Gran Guerra, cara á socialdemocracia e o antifascismo– os europeos dificilmente darían entendido o seu devir.

Mentres reprimía a súa homosexualidade, Thomas Mann fundou unha familia –na cal destacarían os fillos Erika, Klaus e Golo– e escribiu unha impresionante obra literaria, merecedora do Premio Nobel de Literatura (1929): Os Buddenbrook, Alteza real, A montaña máxica, O doutor Faustus, Confesións do estafador Felix Krull.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029