Krasznahorkai, László

Krasznahorkai, László

O éxito inmediato da novela Tango satánico (1985) sitúa a László Krasznahorkai (Gyula, 1954) na primeira liña da literatura húngara. Seguindo a súa primeira saída da Hungría comunista en 1987 a Berlín Oeste, e tras o cambio de réxime, reside en países tan dispares como Francia, os Estados Unidos, España, China, Grecia ou Xapón, e volve con frecuencia a Berlín e a Hungría.

Varias das obras do recoñecido realizador Béla Tarr están baseadas na literatura de Krasznahorkai (Tango satánico, O cabalo de Turín e As harmonías de Werckmeister –esta última versiona a aclamada Melancolía da resistencia–), quen, ademais de escribir os guións, asiste o director nas decisións transcendentes.

As súas obras, traducidas a numerosas linguas, reciben críticas entusiastas en todo o mundo. En palabras de Susan Sontag, Krasznahorkai é o “mestre húngaro contemporáneo da apocalipse, que inspira comparación con Gogol e Melville”. Krasznahorkai recibiu prestixiosos premios, como o Kossuth en Hungría, o Berlin-Brücke en Alemaña e o America Award in Literature en 2014, ademais de ser nominado en varias ocasións ao Nobel de Literatura.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029