Kaminer, Vladímir

Kaminer, Vladímir

Vladímir Kaminer (Moscova, 1967) chegou en 1990 a Berlín –daquela, aínda a capital da RDA–, onde recibiu “asilo humanitario”, e esta cidade converteuse na súa nova patria. Formado como enxeñeiro de son para o teatro e a radio, e despois como dramatugo no Instituto de Teatro de Moscova, durante bastantes anos foi membro do grupo de teatro Reformbühne Heim & Welt, no que lía cada semana as súas historias no Kaffee Burger. As súas dúas obras Militärmusik e A discoteca rusa déronlle sona internacional, e foron traducidas a numerosas linguas. Ademais destas obras literarias, escribe regularmente para diversos xornais e revistas alemáns, e tamén ten traballado para programas de radio e televisión, ademais de organizar eventos no Kaffee Burger, como a célebre Discoteca rusa. En 2006 manifestou o seu desexo de se presentar ás eleccións de alcalde de Berlín no ano 2011.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029