Jaeggy, Fleur

Jaeggy, Fleur

Fleur Jaeggy (Zürich, 1940) pasou a súa infancia e adolescencia nunha sucesión de internados femininos entre Suíza e Roma. En 1968 instálase en Milán e publica a súa primeira novela Il dito in bocca. Agás a súa brillante incursión no teatro con Un tram che si chiama Tallulah (1975), a súa obra de creación céntrase na narrativa: L’angelo custode (1971), Le statue d’acqua (1980) e La paura del cielo (1994). A súa novela Proleterka (2001) é premiada co galardón Viareggio 2002 e elixida o libro do ano por Susan Sontag nas páxinas do Times Literary Supplement en 2003.

Jaeggy combina a súa actividade literaria con traducións e estudos sobre John Keats, Marcel Schwob e Thomas De Quincey, a cuxos retratos consagra a súa obra máis recente, Vite congetturali (2009). Na súa produción apréciase tamén a influencia de autores como Robert Walser, Ingeborg Bachmann e Thomas Bernhardt, así como a pegada da literatura mística e sapiencial de Occidente e Oriente.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029