Garner, Helen

Garner, Helen

Helen Garner naceu en 1942 en Geelong (Australia). Despois de estudar na Universidade de Melbourne exerceu a docencia no ensino secundario ata 1972, cando a despediron por contestar as preguntas do seu alumnado no referente ao sexo. Daquela comezou a traballar como redactora para gañar a vida.

A súa primeira novela, Monkey Grip (1977), gañou o National Book Council Award, e foi levada ao cine en 1981. Dende entón publicou novelas, relatos, ensaios e artigos xornalísticos. Ademais escribiu o guión da película The Last Days of Chez Nous (1990). En 2006 recibiu o Premio Melbourne de Literatura. A súa novela O cuarto de invitados gañou o Premio Literario Victorian Premier, o Premio Queensland Premier e o Premio Barbara Jefferis, e foi traducida a varias linguas.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029