Eisner, Will

Eisner, Will

William Erwin Eisner naceu o 6 de marzo de 1917 en Brooklyn, Nova York. Cando morreu, o 3 de xaneiro de 2005, debido a complicacións tras unha operación a corazón aberto, Eisner era recoñecido internacionalmente como un dos xigantes no campo da arte secuencial, termo cuñado por el. Nunha carreira que abarcou case setenta anos, foi o auténtico Orson Welles do cómic e o pai da novela gráfica. Innovou no desenvolvemento da narrativa e da linguaxe visual do cómic e foi o creador de The Spirit, John Law, Lady Luck, Mr Mystic, Tío Sam, Blackhawk, Sheena e moitos outros. Un dos máis prestixiosos premios da industria do cómic actual, o Premio Eisner, leva o seu nome. Recoñecidos como os Óscars do comic americano, os Eisners entréganse anualmente na maior convención de cómics dos Estados Unidos.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029