Coetzee, J. M.

Coetzee, J. M.

J. M. Coetzee (Cidade do Cabo, 1940) educouse en Sudáfrica e nos Estados Unidos. É profesor de literatura, tradutor, lingüista, crítico literario e un dos escritores máis importantes e premiados de Sudáfrica. En 1974 publicou a súa primeira novela, Terras de penumbra. Coas dúas seguintes, No medio de ningures e Agardando polos bárbaros, gañou o CNA, o premio máis prestixioso das letras sudafricanas. Foi o primeiro escritor que obtivo dúas veces o Booker Prize, por Vida e época de Michael K. e Deshonra. En 2001, ao recibir o Premio Reino de Redonda de mans de Javier Marías, elixiu o título de “Duque de Deshonra” en alusión a esta novela. O variado elenco de galardóns con que foi recoñecido acadou o seu cumio cando en 2003 lle foi concedido o Premio Nobel de Literatura. Dende 2006, en que obtivo a nacionalidade australiana, vive na cidade de Adelaide.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029