Boccaccio, Giovanni

Boccaccio, Giovanni

Giovanni Boccaccio (Italia, 1313-1375), fillo dun mercader e banqueiro florentino, foi enviado a Nápoles, onde, ante a súa ineptitude para os negocios, adquiriu unha sólida formación literaria e ficou impresionado polo ambiente refinado e voluptuoso da corte dos Anjou. É neste contexto de intrigas cortesás no que se situaría posteriormente a súa obra mestra, O Decamerón. Tras escribir tres obras relevantes, vese obrigado a volver a Florencia a causa da quebra do banco dos Bardi. As penurias económicas non o afastaron do seu labor literario, senón que o achegaron ao ambiente picaresco dos mercaderes. A peste que infestou Florencia en 1348 levouno a escribir O Decamerón, cuxo éxito o catapultou a distintos cargos honoríficos, como o de embaixador en Aviñón e Roma. Sen resolver os seus problemas financeiros, retirouse a Certaldo, onde sufriu unha crise espiritual que o levou a renegar da súa obra e a dedicarse á meditación relixiosa. Perdeu a vida ao ano seguinte do falecemento do seu amigo Petrarca.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029