Bennett, Alan

Bennett, Alan

Alan Bennett (Leeds, 1934) é un autor difícil de clasificar, xa que a súa prolífica produción inclúe series e programas de televisión, guións para películas de cine, obras de teatro, xornalismo e, dende hai unha década, tamén prosa. Recoñecido mestre do monólogo en televisión, as súas series Un inglés no estranxeiro e Talking Heads atópanse entre os maiores logros da BBC británica de tódolos tempos. Como dramaturgo é autor de pezas teatrais moi celebradas, como Habeas Corpus, Kafka’s Dick ou A loucura do Rei Xurxo (levada posteriormente ó cine). Tamén realizou o guión da longametraxe Ábrete de orellas, dirixida por Stephen Frears, sobre a vida do dramaturgo Joe Orton.

Os seus libros

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029