Atopa o teu libro ideal

Que che apetece ler?

Estás pasando unha época difícil e precisas literatura balsámica?

Interésache un período histórico concreto?

Tes predilección por algún país?

Buscas algo que che faga rir?

Dinos o que necesitas e dirémosche que libro ler!

libro buscador

As nosas coleccións

Aquí podes encontrar os libros de Rinoceronte ordenados por coleccións

Obras do século XIX en diante, sobre todo contemporáneas.

Obras anteriores ao século XIX, especialmente literatura clásica e medieval.

Se sentes morriña das antigas coleccións de Rinoceronte, podes atopalas aquí.

Últimas novidades

Os libros publicados máis recentes

Produtos da civilización perfeccionada
A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey
As almas grises
Philogelos_ok

Os nosos autores

Descubre de quen veñen sendo os nomes que acompañan os títulos de Rinoceronte Editora.

Hainos de América, Asia, Europa e Oceanía. Escribiron en decenas de linguas diferentes. Mulleres, homes, con Nobel ou sen el, hainos máis novos ou con máis experiencia. A algúns só os coñecen no seu país, outros son mundialmente famosos. Viviron diferentes épocas históricas. Pero todos acabaron no noso catálogo. Queres saber por que?

Rinoceronte nas redes

Sigue o día a día da editorial e mantente informado de todas as novidades e dos novos títulos á venda.

Subscríbete á lista de correos

Recibe puntualmente na túa caixa de correo todas as nosas novidades, para non perder nada.


RINOCERONTE EDITORA

É a primeira editorial especializada na publicación de obras traducidas ó galego. Naceu en Cangas do Morrazo no ano 2005 coa intención de importar para a nosa lingua literatura estranxeira, fundamentalmente recente, e en especial de ámbitos culturais e lingüísticos inéditos en galego.

A mellor literatura do mundo

Na nosa selección de títulos tratamos de cubrir dúas vertentes: apostar por autores de calidade, aínda descoñecidos no noso contexto literario e cultural; e ofrecer obras de autores recoñecidos, recentes ou inéditas en galego.

Buscamos amosar un panorama amplo da literatura que se publica en diferentes puntos do planeta, dentro das nosas posibilidades, filias e fobias. No noso catálogo atoparás as primeiras traducións literarias publicadas en galego dende o húngaro, o xaponés ou o árabe.

Outro xeito de facer as cousas

En Rinoceronte dedicamos especial coidado ós nosos libros. Escollemos demoradamente os nosos libros, os nosos traductores, e queremos que os lectores dispoñan de toda información relativa ós libros que teñen nas mans: título, orixinal da obra, data e lugar da primeira edición, quen o traduciu, quen o revisou, quen ilustrou a capa, quen o maquetou, quen o imprimiu, quen o encadernou, que papel se empregou e con que tipografía se compuxo.

Onde atopar os nosos libros?

Estamos na meirande parte das librerías do país grazas a Distribución Arnoia.

Se queres que che mandemos á casa un libro en concreto sen gastos de envío para calquera punto do Estado, escríbenos a info@rinoceronte.gal

E se che gusta moito o que facemos, podes subscribirte a calquera das coleccións: mandarémosche á casa todas as novidades, sen gastos de envío e cun 15% de desconto. Escríbenos a info@rinoceronte.gal e dámosche máis información.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029